O recente cambio á hora de valorar e tratar os contaxios por coronavirus deixou nun segundo plano algunhas das estatísticas de seguimento da pandemia, pero outros indicadores mostran aínda como afecta na área sanitaria.
Un deses apartados é a cifra de pacientes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés que precisan de ingreso hospitalario debido ao seu positivo por covid.
Neste aspecto e segundo informa o Servizo Galego de Saúde, este luns 4 de abril son 59 as persoas con positivo activo que permanecen ingresadas na área pontevedresa.
Delas só unha evoluciona na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo, e o resto fano en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (49) e o Hospital do Salnés (9).
No que respecta a os casos activos, o Sergas realiza seguimento actualmente a un total de 1.570 casos activos de coronavirus en Pontevedra e O Salnés.
Desde o inicio da pandemia superaron a covid 61.697 persoas na comarca, rexistrándose 267 falecementos de pacientes coa infección activa.