A Unión Federal de Policía volveu criticar a contratación por parte do Concello de Pontevedra do grupo de rock Soziedad Alkohólica por "dispoñer un catering de luxo para o grupo radical vasco", que incluía tequila, ron, xenebra e rioxa crianza.
Nun comunicado de prensa difundido por este sindicato lamentan que o concello pagase 21.000 euros polo concerto sen atender ás "miles de peticións para que se suspendese", denuncia o voceiro da UFP, Agustín Vigo.
Este sindicato reprocha ao Concello a contratación deste grupo para o concerto inaugural da Peregrina, o 9 de agosto, porque "nos insulta e denigra" nas súas cancións.
"ÿ lamentable que o diñeiro dos cidadáns se malgaste desta forma", asegura este voceiro. "Aos radicais fináncianselles luxos e aos cidadáns depréciaselles", engade.
A UFP esixe desculpas por parte do alcalde e do Concello, e máis transparencia e máis respecto para os cidadáns. "Dá a sensación de que este Concello non repara en gastos cando se trata de pagar luxos aos nacionalistas e os seus amigos. Ao final, os cidadáns rematan pagando a dilapidación dos políticos".