"Un show moi guapo" para amenizar a Festa do Lacón con Grelos en Cuntis

Umia
09 de febreiro 2024

A charanga Los Támega repiten na cita gastronómica tras o éxito da pasada edición

Los Támega durante a súa actuación na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis no 2023
Los Támega durante a súa actuación na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis no 2023 / Concello de Cuntis

A festa senlleira do municipio de Cuntis contará de novo coa charanga Los Támega para amenizar a cita gastronómica do lacón con grelos que se celebrará o próximo 3 de marzo.

A charanga verinesa xa participou o pasado 2023 nesta mesma convocatoria e dada a animación conseguida, facendo bailar e cantar ao público asistente, repetirán de novo este ano.

Jorge Porto Diéguez, vogal da asociación que xestiona a charanga, sinala que "sempre estreamos algo, así que esta vez traemos un show moi guapo" para amenizar a Festa do Lacón con Grelos nesta vila termal.

A festa chega o seu vixésimoquinto aniversario e con tal motivo o programa previsto arrincará xa o venres 1 de marzo.

O pregón correrá a cargo de Pepo Suevos, que será o domingo ás 12.00 horas na Praza da Constitución. Previamente, entre o 23 e o 25 de febreiro terá lugar outra edición do TapaLacón que coincidirá cos últimos días do entroido en Cuntis.

Arquivado en