Un San Xoán con moito 'Orgullo' no Mercado de Pontevedra

Pontevedra
24 de xuño 2020

A partir das oito da tarde a Ludoteca O Ganapán acolleu o Contacontos Diverso ‘Rei e Rei’ e o gastroespazo foi o escenario da festa a partir das dez e media da noite, cun San Xoán Travesti cun espectáculo de cabaré transformista con Drag Queen e Drag King interpretado por ‘Marinita y sus marmotas’

Contacontos Diverso e San Xoán Travestí de Pontevedra
Contacontos Diverso e San Xoán Travestí de Pontevedra / Concello de Pontevedra

A programación deseñada polo Concello de Pontevedra para celebrar o Orgullo LGTBIQ+ inundou este martes as instalacións do gastroespazo do Mercado e converteu a noite de San Xoán nunha reivindicación de dereitos moi festiva para todas as idades

A partir das oito da tarde a Ludoteca O Ganapán situada no primeiro andar do Mercado acolleu o Contacontos Diverso ‘Rei e Rei’, no que Sandra Ansín achegou aos máis pequenos historias e propostas coloridas para celebrar o Orgullo LGTBIQ+. Por motivos de prevención, houbo aforo limitado a 10 rapaces.

O gastroespazo foi o escenario da festa a partir das dez e media da noite. As persoas que acudiron ao recinto gozaron dun San Xoán Travesti cun espectáculo de cabaré transformista con Drag Queen e Drag King interpretado por ‘Marinita y sus marmotas’.

O espectáculo, en clave de comedia musical, contou con voz en directo, bailes e moito humor.