Un roteiro para dar a coñecer as mámoas de Vilaboa

Vilaboa
01 de outubro 2020

O Concello e a Comunidade de Montes de Vilaboa porán en marcha dun roteiro que dará a coñecer as mámoas coas que conta o municipio como resultado dun convenio de colaboración que asinaron este mércores. Esta será a primeira acción e terá un investimento de 6.488 euros  

César Poza e Jose Luis López asinan un convenio
César Poza e Jose Luis López asinan un convenio / Concello de Vilaboa

O Concello e a Comunidade de Montes de Vilaboa porán en marcha dun roteiro que dará a coñecer as mámoas coas que conta o municipio. 

Esta será a primeira acción que poñan en marcha de forma conxunta tras a sinatura dun convenio de colaboración que asinaron este mércores ao abeiro da Convocatoria de Subvencións para Rehabilitación e Sinalización do Patrimonio Histórico-Cultural da Deputación de Pontevedra.

O presidente da Comunidade de Montes, Jose Luis López, e o alcalde de Vilaboa, César Poza, asinaron o convenio e anunciaron que lles permitirá levar adiante accións conxuntas de posta en valor do patrimonio histórico do territorio. 

Esta primeira acción en relación coas mámoas terá un investimento de 6.488 euros e ten como obxectivo a sinalización e posta en valor destes elementos patrimoniais cunha actuación pensada para a conservación e revalorización dos restos arqueolóxicos.

Desde o Concello lembran a través dun comunicado que teñen a maior parte do conxunto megalítico do Chan de Castiñeiras, do que forman parte mámoas como a Mámoa do Rei, a mellor conservada deste conxunto megalítico.

Arquivado en