Un ‘punto violeta’ e reforzo policial para garantir a seguridade das festas de Vilagarcía

O Salnés
28 de xullo 2023

A subdelegada presidiu a Xunta Local de Seguridade do municipio celebrada co gaio das diferentes celebracións estivais. As Forzas e Corpos de  Seguridade do Estado porán en marcha controis e operativos especiais de circulación durante a Festa da Auga e o Combate Naval

Xunta Local de Seguridade de Vilagarcía de Arousa
Xunta Local de Seguridade de Vilagarcía de Arousa / Subdelegación do Goberno en Pontevedra

As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado porán en marcha controis e operativos especiais de circulación durante a Festa da Auga e o Combate Naval de Vilagarcía de Arousa. Será un parte do dispositivo especial deseñado para que as festas se verán se desenvolvan con normalidade.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu este venres a Xunta Local de Seguridade en Vilagarcía, centrada en promover e coordinar todas as medidas encamiñadas a garantir a seguridade na localidade durante o mes de agosto.

Estiveron presentes o alcalde da localidade, Alberto Varela; o comisario provincial da Policía Nacional en Pontevedra, Juan José Díaz; o coronel xefe da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal; e outros responsables de Tráfico, da Policía Local e da seguridade municipal.

A subdelegada lembrou que en agosto "a cidade recibe a numerosos visitantes" e desenvólvense as dúas principais festas que acolle o municipio, a Festa da Auga e o Combate Naval, e sinalou a súa preocupación por seguir traballando na seguridade das celebracións estivais multitudinarias

Así, as accións que se van levar a cabo por parte dos Forzas e Corpos de Seguridade do Estado pasan pola posta en marcha de controis de circulación e operativos especiais nos accesos á localidade, e pola activación de controis de alcoholemia e drogas que sirvan de prevención pola posible falta de responsabilidade dalgúns condutores.

Os axentes da Policía Local e unha patrulla da Unidade de Policía Autonómica velarán tamén por garantir o bo desenvolvemento das actividades festivas. Así mesmo, unha Unidade de Prevención e Reacción da Policía Nacional de Vigo desprazarase ata o municipio durante os días de celebración destas festas, nos que tamén se mobilizarán diversas ambulancias e un equipo sanitario de emerxencia, que situarase na Praza da Peixería. 

Larriba agradeceu a iniciativa do Concello para dispor durante os festexos dun 'Punto Violeta' de información, asesoramento e axuda ante calquera tipo de agresión machista, desde o que se facilitará información sobre como actuar ante calquera caso de violencia machista e se ofrecerá un servizo de atención integral ás vítima e o seu entorno.

Maica Larriba destacou o compromiso do alcalde, Alberto Varela, a prol da igualdade e a loita contra a violencia de xénero ao dispoñer deste punto e demandou aos asistentes "gozar dos festexos con responsabilidade".