Un dos principais resultados do proxecto europeo denominado RemixED estuda a mellora dunha plataforma web con actividades e ferramentas que permitan ao profesorado das etapas educativas previas á universidade xestionar o estrés nas aulas.
Investigadores e docentes de España, Dinamarca e Chipre participan neste proxecto. Entre eles atópanse os integrantes do grupo Sepcom, da Facultade de Comunicación do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.
A reunión de peche do proxecto desenvólvese na Casa das Campás, sede da Vicerreitoría do campus, baixo a coordinación do grupo de investigación en Tecnoloxías Interactivas e Distribuídas para a Educación da Universitat Pompeu Fabra.
As persoas que integran o grupo Sepcom Alberto Dafonte, Juan Manuel Corbacho, Diana Ramahí, Oswaldo García e Silvia García Mirón, foron os encargados de realizar e difundir o proxecto, segundo recolle o DUVI.
O director de RemixEd, Marc Beardsley, recoñece que a educación tradicional en boa parte poñía o foco na adquisición de coñecementos pero non nas habilidades sociais e emocionais necesarias no proceso, cuestións que gañaron importancia cos anos.
Segundo explica, Alberto Dafonte, coordinador do proxecto no campus, este espazo recolle máis deduascentas actividades "que son recursos soltos creados en proxectos anteriores", ademais dun apartado de leccións cos resultados da implantación en centros educativos. A idea é que o profesorado poida tamén crear os seus propios materiais.
Nas últimas horas, o conxunto de investigadores puxo en común os casos de estudo desenvolvidos nos distintos países.