Un plan de emprego local "a pesar da Xunta"

Pontevedra
21 de novembro 2014

Coa firma dos contratos laborais este venres arrancou o programa municipal de prácticas en empresas que durante tres meses dará traballo a tempo parcial a 182 pontevedreses. Esta iniciativa da concellaría de Promoción Económica tivo que sortear multitude de trabas burocráticas ao non ser a creación de emprego unha competencia dos concellos

Plan de práctica laboral do Concello de Pontevedra
Plan de práctica laboral do Concello de Pontevedra / Diego Torrado

Coa firma dos contratos laborais este venres na Casa da Luz arrancou o programa municipal de prácticas en empresas que durante tres meses dará traballo a tempo parcial a 182 pontevedreses.

Esta iniciativa da concellaría de Promoción Económica tivo que sortear multitude de trabas burocráticas ao non ser a creación de emprego unha competencia dos concellos.

A concelleira Carlota Román explicou que este plan sae adiante "a pesar de la Xunta" que ademais das "limitaciones legales" non destinou "ni un solo euro", a políticas activas de xeración de emprego "y nosotros no podemos quedarnos de brazos cruzados", engadiu.

Os novos contratados terán unha remuneración de 375 euros ao mes. O Concello corre cos gastos laborais e os seguros de accidentes e responsabilidade civil. A dotación do programa ascende a 210.000 euros. No 2013, o primeiro plan de emprego do Concello dispuxo de 90.000 euros e concedeu 77 bolsas.

As empresas que se queiran beneficiar deste plan teñen que cumprir cunha serie de esixencias como non despedir ningún traballador nos últimos tres meses e non o facer tampouco mentres dure a vinculación laboral dos empregados subvencionados polo Concello.

Os subvencionados teñen que levar, polo menos un ano, empadroados en Pontevedra, ter 18 anos e estar en situación de desemprego. Ten primado aos menores de 30 anos e maiores de 50, ás mulleres vítimas de violencia doméstica, e aos parados que leven máis de cinco anos na devandita situación.