Un perito da Axencia Tributaria considera "injustificado" a orixe do patrimonio da inmobiliaria San Saturnino, e sinala que é "incoherente" respecto ás rendas declaradas pola ex muller, a filla maior, a ex cuñada e un empresario vinculado ao narcotraficante José Ramón Prado Bugallo, Sito Miñanco. Este inspector recoñeceu que a investigación non foi exhaustiva.
Gonzalo Boye, avogado de Miñanco, cre que na declaración prestada este martes polo perito da Axencia Tributaria no xuízo por branqueo de capitais que se celebra na Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra "ha reconocido que no existe ninguna evidencia de que el patrimonio de las señoras acusadas provenga de mi defendido".
Así o avogado sinalou que este perito dixo "que sus informes eran parciales" e deu unha serie de explicacións nas que, segundo este letrado, "vino a ratificar lo que nosotros venimos diciendo desde hace mucho tiempo", polo que Boye concluíu que "creo que este juicio ha sobrado".
Para Alejandro Vega Vázquez, representante legal de María Rosa Pouso Navazas, a primeira muller de Sito Miñanco, a proba practicada este martes "confirma nuestra tesis, es decir, que todo el patrimonio de mi clienta está plenamente justificado". Este avogado entende que os informes periciais da Axencia Tributaria "baséanse, como pouco, en graves inexactitudes".
O principal protagonista da terceira sesión deste xuízo foi o perito Ángel Gallastegui da Axencia Tributaria que elaborou un informe sobre 400 inmobles en Cambados e 500 en Vilagarcía no marco da "Operación Suntuarias", unha relevante investigación que alcanzou ao patrimonio das persoas próximas a José Ramón Prado Bugallo e na que tamén aparecían implicados dous hostaleiros de Vilagarcía coñecidos como "Los Gerardos".
Este perito explicou que a Inmobiliaria San Saturnino "no era una sociedad operativa", non realizaba actividade económica xa que era "patrimonial" en termos fiscais. Segundo explicou "allí se había colocado un patrimonio que generaba un rendimiento". Tamén engadiu que "ese patrimonio no tenía un origen" apuntando en relación cos acusados que "no hay coherencia entre las rentas declaradas y el patrimonio".
Ademáis puntualizou que no caso da filla maior de Sito Miñanco "su modus vivendi no era coherente con el patrimonio declarado" a mesma conclusión que sacou respecto a Josefa Pouso.
Non detectaron ningunha fonte de financiamento da Inmobiliaria San Saturnino que proviñese de Sito Miñanco
O perito Ángel Gallastegui concluíu que non detectaron ningunha fonte de financiamento da Inmobiliaria San Saturnino que proviñese de Sito Miñanco. "Por supuesto que no", respondeu ás preguntas do avogado do narco cambadés.
O perito admitiu que a súa investigación fíxose unicamente cos datos que figuran nas bases de datos de Facenda e que non se utilizou ningún acceso ao contido doutros rexistros oficiais, nin das contas correntes ou créditos dos acusados, circunscribindo o seu informe a "una interpretación de los datos que tiene la Agencia Tributaria", puntualizou. Tampouco solicitou aos investigados que achegasen documentación algunha que xustificase o seu patrimonio.
Este perito chegou a dicir que era "notorio" que Sito Miñanco estaba vinculado a esta Inmobiliaria aínda que non lembraba cal era a fonte que acredita esa notoriedade.
GARDA CIVIL
Ante o tribunal provincial tamén compareceu este martes o xefe do grupo de Patrimonio da Policía Xudicial da Garda Civil que explicou os detalles da investigación levada a cabo sobre o Solo Urbanizable número 18 no municipio de Sanxenxo, situado ao pé da praia de Montalvo, promovida pola empresa Jolva, da que son socios José Alberto Aguín Magdalena e a ex esposa de Sito Miñanco, e á tamén promotora Arlequín Rojo, da que o primeiro é administrador.
"La parcela está a monte", confirmou, pois nunca saíu adiante a pretendida urbanización de 38 chalés.
Os avogados das distintas defensa tamén chamaron como testemuñas á persoa que lle vendeu un piso en 2008 a en a praia de Montalvo a Josefa Pouso (ex cuñada de Miñanco) asegurando que non lle entregou ningún diñeiro a maiores do declarado ante Facenda "ni por delante, ni por detrás ni por un lado", apuntou un dos letrados. Ademais, algúns veciños das tres mulleres acusadas testemuñaron no mesmo sentido a inexistencia sobreprezos ou de pagos inxustificados ou en diñeiro negro.
"SORTE ROSENDO"
A xornada arrancou cunha anécdota. "Suerte Rosendo", desexoulle Sito Miñanco a Feliciano Miguel Rosendo, o líder da Orde e Mandato de San Miguel Arcángel, coñecida como Orde dos 'Miguelianos'. Ambos coincidiron esposados no camiño de entrada do Pazo de Xustiza onde están a ser xulgados cada un nunha Sección diferente da Audiencia Provincial.
O xuízo retomarase o vindeiro luns 5 de novembro ás 10.15 horas.