Un paso máis co proxecto de renaturalización do río Gafos no tramo de Campolongo

Pontevedra
29 de agosto 2024

Adxudicada a asistencia técnica para a redacción do proxecto de execución. Debe entregarse ao Concello en cinco meses tras presentar a documentación pertinente

Tramo soterrado do río Gafos
Tramo soterrado do río Gafos / Mónica Patxot

A redacción do proxecto de execución para a recuperación e restauración ecolóxica do río Gafos en Campolongo xa ten empresa adxudicataria.

Das tres que concorreron ao concurso público, finalmente foi o madrileña Calco a que por un importe de 85.000 euros encargarase desta asistencia técnica; unha cantidade inferior ao prezo de licitación que superaba os 108.000 euros. A redacción debe entregarse en cinco meses tras presentar a documentación pertinente.

Esta contía inclúese no montante de 2.249.719 euros que se van a destinar á renaturalización do Gafos nesta contorna urbana.

O Concello de Pontevedra investirá de fondos propios ao redor de medio millón de euros, mentres que a parte restante obtéñese de fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a través da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

A asistencia técnica adxudicada detallará as obras e estruturas precisas para a contención de noiros e protección fronte á erosión, así como as pontes ou pasarelas que se consideren necesarios, estimando as posibles afeccións tanto ao tráfico rodado como peonil, especialmente nos accesos a centro escolares e parques infantís.