Un novo parque de xogos aumenta a oferta de lecer infantil en San Antoniño

Barro
06 de agosto 2024

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e a concelleira de Medio Ambiente, Rocío Martínez, supervisaron o remate das obras de construción do novo parque de xogos e de lecer. Este novo parque está composto por xogos de escalada, por elementos de calistenia e por unha tirolesa

Xosé Manuel Fernández Abraldes e Rocío Martínez, no novo parque da rúa Carrasqueira
Xosé Manuel Fernández Abraldes e Rocío Martínez, no novo parque da rúa Carrasqueira / Concello de Barro

A oferta de lecer infantil para os máis pequenos e pequenas de Barro acaba de aumentar cun novo parque infantil. Está situado a rúa Carrasqueira, no entorno do novo acceso a Valbón, dentro do núcleo de San Antoniño.

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e a concelleira de Medio Ambiente, Rocío Martínez, supervisaron o remate das obras de construción do novo parque de xogos e de lecer.

Este novo parque está composto por xogos de escalada, elementos de calistenia e unha tirolesa.

O Concello ten previsto que nos próximos días se poida completar a actuación coa instalación duns bancos.

O alcalde explicou que o Concello buscaba a posta en marcha dunhas instalacións dirixidas ás nenas e nenos do concello "diferentes das que xa tiñamos" e, ademais, integralas nun entorno natural e de sombra.

A área de xogo está situada a carón do novo acceso a Valbón, que estará rematado nos vindeiros meses e que "será un punto chave para a comunicación do núcleo do San Antoniño coa parroquia de Agudelo", explicou Abraldes.

Esta actuación tivo un custo de 24.079 euros, e financiouse con cargo a fondos propios municipais. A empresa encargada foi Galega de Actuacións no Rural S.L., por presentar a mellor oferta.