O mural comezou a xestarse o 30 de novembro no Teatro Principal con motivo do acto de homenaxe ás vítimas silenciadas durante o franquismo no que participaron familiares de persoas que sufriran nas súas propias carnes os danos da represión militar.
O debuxante Kiko da Silva, acompañado de estudantes do Garaxe Hermético, iniciaban o mural mentres a cantante Uxía e oito actrices da Aula de Teatro Municipal de Pontevedra lembraban principalmente ás mulleres que foron silenciadas durante aqueles anos.
Este xoves, na Casa da Luz, Luís Bará presentaba o mural indicando que ocupará un lugar preferente no edificio do Concello de Pontevedra.
O concelleiro apuntaba que neste traballo recóllense ao redor de 80 nomes de persoas que viviron aqueles feitos dramáticos e dolorosos en primeira persoa referíndose a mulleres traballadoras de barrios e de parroquias cuxas historias se coñecen grancias á memoria oral, que agora está a ser recollida pola xornalista Montse Fajardo.
As familias das vítimas recibiron un agasallo coa gravación do acto do Teatro Principal, fotografías e unha reprodución do mural.