Un menor de 7 anos resulta ferido nun accidente na Autovía do Salnés

O Salnés
14 de agosto 2018

O acciden rexistrábase durant a tarde deste luns na rotonda de Vilariño, na saída da Autovía cara Cambados. O menor foi trasladado ao Hospital do Salnés por unha ambulancia do 061

Accidente na Autovía do Salnés en Vilariño
Accidente na Autovía do Salnés en Vilariño

Un menor resultaba ferido, na tarde deste luns, tras sufrir un accidente de tráfico na Autovía do Salnés no quilómetro 4.3, na vía de saída cara á rotonda de Vilariño, no municipio de Cambados.

O neno de 7 anos sufriu feridas de carácter leve e foi trasladado ao Hospital do Salnés por unha ambulancia do 061, segundo informan desde o servizo de  Emerxencias. Ata a zona desprazouse unha unidade de Atestados e axentes da Garda Civil de Tráfico.

 

Horas antes, tamén se producía unha aparatosa saída de vía na  EP-9005, na estrada de Corbillón a Tremoedo, en Cambados. Segundo a información facilitada polo servizo de  Emerxencias, o accidente saldouse sen feridos.