Un indixente ferido tras incendiarse os cartóns cos que se protexía do frío

Pontevedra
16 de febreiro 2013

Marcos, un indixente que durmía baixo a ponte do río Gafos, sufriu quemaduras nas súas pernas ao incendiarse os cartóns cos que se cubría. Ocorreu esta madrugada contra as catro. O suceso puido custarlle a vida a este home de non ser pola actuación dun veciño da rúa Rosalía de Castro que espertou ao oir os seus berros, avisando de inmediato aos servizos de emerxencia.

Servizos médicos atendendo ó ferido
Servizos médicos atendendo ó ferido

Marcos, un indixente que durmía baixo a ponte do río Gafos, sufriu queimaduras nas súas pernas ao incendiarse os cartóns cos que se cubría.

Ocorreu esta madrugada contra as catro. O suceso puido custarlle a vida a este home de non ser pola actuación dun veciño da rúa Rosalía de Castro que espertou ao oir os seus berros, avisando de inmediato aos servizos de emerxencia.

Este veciño, Andrés Barcala, comprobou que os gritos de auxilio proviñan de baixo da ponte desa rúa. "Ademais, víase fume que saía baixo a ponte e polas alcantarillas sobre o mesmo", relata.

Tras alertar ao 091 da situación, rápidamente enviaron a varias patrullas, ademais dunha ambulancia e, por suposto, unha dotación do Corpo de Bombeiros que lograron rescatar ao indixente. Case media hora despois o lume estaba extinguido.

"A esas alturas víanse claramente as lapas que iluminaban boa parte do rio Gafos e o fume cubríao todo. Ademais, o cheiro a goma queimada facía pensar que as poucas pertenzas que o pobre home tivese baixo ese oco existente baixo a ponte, estábanse queimando", explica este veciño.

O ferido presentaba queimaduras nas súas pernas das que está sendo atendido nun centro hospitalario. Pero sen dúbida a actuación deste veciño evitou un tráxico desenlace neste suceso.