Un incendio forestal iniciado nun terreo situado a uns 500 metros das vivendas fixo saltar todas as alarmas este luns na parroquia de Lourizán, na zona do Regueiriño.
Os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural e do Mar indican que se iniciou sobre as 13.30 horas e quedou controlado menos dunha hora despois, sobre as 14.25.
Para a súa extinción desprazáronse ao lugar un axente forestal, dúas brigadas e unha motobomba da Xunta e medios do Corpo de Bombeiros de Pontevedra.
Segundo indicaron veciños do ámbito, o lume iniciouse na zona do Regueiriño, no límite entre este lugar e A Carballeira. Descoñécese, ata o momento, a superficie queimada, pero trátase de terreos próximos a vivendas.