Efectivos do corpo de Bombeiros de Pontevedra desprazáronse na tarde deste domingo ata a rúa García Camba para sufocar un incendio declarado nun cadro da rede de distribución da subministración eléctrica.
O lume comezou ao redor das 16.30 horas nesta peza situada no exterior do edificio e, como consecuencia do mesmo, todo o inmoble quedou sen subministración.
Trátase dun edificio no que residen veciños e hai varias oficinas e negocios e todos quedaron sen electricidade.
Segundo a información facilitada polos bombeiros, descoñécese a causa do inicio do lume, que tanto puido ser como consecuencia das choivas, por un pico de consumo ou por outros motivos.
Os bombeiros apagaron o lume e utilizaron unha maquinaria específica para retirar os fusibles. Nese momento, cortouse toda a subministración.
Unha vez sufocado o incendio e evitado o perigo inminente, solicitouse a presenza na zona da empresa subministradora de electricidade para restablecer a subministración.
O despregamento dos bombeiros e a Policía Nacional na zona levou á Policía Local a cortar o tráfico para evitar que os vehículos chegasen ata a rúa García Camba.