Un incendio forestal declarado de madrugada en Caroi queima ao redor de 30 hectáreas

Cerdedo-Cotobade
23 de abril 2024
Actualizado: 19:38

Primeiro incendio forestal do ano na comarca de Pontevedra. O incendio declarouse ás 1.06 horas da madrugada e continuaba activo ao mediodía deste martes. Ata o mediodía, mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 9 axentes, 17 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 2 avións e 3 helicópteros

Brigada terrestre de Medio Rural nun incendio en Vilaboa
Brigada terrestre de Medio Rural nun incendio en Vilaboa / Diego Torrado

Primeiro incendio forestal do ano na comarca de Pontevedra. Durante a pasada madrugada, a Xunta de Galicia tivo constancia do inicio dun lume na parroquia de Caroi, en Cerdedo-Cotobade. 

Segundo a información facilitada pola Consellería do Medio, o incendio declarouse ás 1.06 horas da madrugada e continiaba activo ao mediodía deste martes.

O lume foi estabilizado ás 14,11 horas e deuse por controlado ás 19.02 da tarde.

Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 30 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción 2 técnico, 11 axentes, 25 brigadas, 14 motobombas, 1 pala, 2 avións e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.