Un incendio forestal iniciado ás 21.18 horas deste domingo arrasou unhas 20 hectáreas no municipio pontevedrés de Ponte Caldelas e supuxo o despregamento de medios de extinción da Xunta de Galicia.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural e do Mar, o lume, que segue activo, afecta á parroquia da Insua. Nos traballos de extinción participan cinco axentes forestais, 11 brigadas, oito motobombas e unha pala.
A primeira hora deste lunes informou a través da súa conta de twitter Incendios085 que o lume quedou controlado ás 5.45 horas. A estimación de superficie afectada máis actualizada cífraa en 20 hectáreas.
Todo parece indicar que este lume é o mesmo que xa estaba activo a última hora da tarde en Ponte Caldelas, que afectaba á zona de Silvoso, limítrofe co Concello de Soutomaior.
A Consellería do Medio Rural ten constancia doutro conato de incendio en Ponte Caldelas a primeira hora do domingo. O aviso do mesmo produciuse ás 7.50 horas e quedou extinguido en pouco máis de media hora, ás 8.31 horas.