Un incendio estraga o hórreo de Campolongo durante a noite

Pontevedra
05 de marzo 2024

O incendio se rexistraba arredor das 01.00 horas deste martes 5 na peza artística situada na Praza da Constitución no barrio de Campolongo, nas proximidades da igrexa de San Xosé. Segundo a información facilitada desde o Parque de Bombeiros de Pontevedra, no suceso ardían os materiais dunha persoa sen teito que empregaba o piorno para pasar as noites. Non se rexistraron danos persoais 

Restos do incendio no hórreo de Campolongo
Restos do incendio no hórreo de Campolongo /

Susto en Campolongo durante as primeiras horas da madrugada deste martes 5 de marzo ao rexistrarse un incendio na escultura do hórreo situada nos xardíns da Praza da Constitución, no barrio de Campolongo, nas proximidades á Rúa Iglesias Vilarelle.

Segundo a información facilitada desde o Parque Municipal de Bombeiros de Pontevedra, ardían as táboas do tellado da estrutura decorativa e diferentes materiales dunha persoa sen teito que utilizaba a zona baixa do hórreo para durmir polas noite. 

Os bombeiros sufocaron as lapas ao redor das 01.00 horas da noite e, segundo indicaron, non se producían danos persoais malia que arderon roupas, colchóns, cartóns e outros elementos inflamables.

Polo momento non trascenderon as causas que provocaron o incendio.