O lume producíase no edificio que ocupa o Bar Galeón, situado no Paseo do Cantiño na Illa de Arousa pasadas as dúas da madrugada. Non se encontraba ningunha persoa no interior do establecemento nin tampouco no piso superior. Esa vivenda foi desocupada hai uns días por uns inquilinos que se trasladaron de domicilio.
As lapas provocaron unha explosión que rompeu as ventás, ademais de causar importantes danos dentro do inmoble.
A Garda Civil investiga o suceso e estúdase se a causa se encontra na acumulación de gas por unha posible fuga que rematou provocando o incendio.