Un incendio calcina os traxes, instrumentos e material do Entroido da comparsa Os Solfamidas

Pontevedra
07 de xaneiro 2019

Un incendio nunha das salas do pavillón municipal de Campo Lameiro calcinou gran parte do material que almacenaba a comparsa "Os Solfamidas"

Un incendio no almacén da comparsa Os Solfamidas calcina os seus traxes, instrumentos e material do Entroido /

Un incendio nunha das salas do pavillón municipal de Campo Lameiro calcinou gran parte do material que almacenaba a comparsa "Os Solfamidas".

As lapas levaron os traxes de edicións anteriores, todos os seus instrumentos de percusión e o material co que estaban a confeccionar os seus vestidos para o Entroido deste ano.

Esta perda pon en serio perigo a participación desta histórica comparsa no entroido pontevedrés.

O suceso tivo lugar na madrugada do sábado ao domingo, na noite de Reis. O lume orixinouse nun Belén do pavillón de Campo Lameiro tras un fallo eléctrico da decoración. O lume fixo rebentar un depósito de auga das caldeiras do pavillón que sufocou as lapas. 

Os máis de 80 integrantes de "Os Solfamidas" levaban traballando desde agosto nos traxes para este ano.

 

Arquivado en