Un incendio forestal arrasou xa 20 hectáreas de monte no Concello de Cotobade e, segundo as estimacións iniciais da Consellería do Medio Rural e do Mar, podería mesmo chegar a superalas nas próximas horas.
Segundo informou a Consellería, o lume iniciouse ás 3.30 horas desta madrugada na parroquia de Tenorio e ás 13.15 horas permanece activo e incontrolado. O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, sinala que as chamas comezaran xa unhas horas antes, sobre as 21.30 horas.
Dende o inicio das chamas desprazáronse ata o lugar tres axentes forestais, oito brigadas, cinco motobombas e, dende o amañecer, tamén un helicóptero e seis avións. Nas tarefas de extinción tamén se utilizou a motobomba do Concello de Cotobade.
Segundo indicou Cubela, o lume afectou ao lugar de Parada de Tenorio e estivo próximo a varias vivendas. Ao longo das primeiras horas da madrugada chegou a escasos metros de dúas vivendas e mobilizáronse todos os veciños da parroquia para axudar aos medios de extinción.
Os veciños contabilizaron ata cinco focos de incendio diferentes, de modo que apuntan a que as chamas tiveron que ser provocadas. O alcalde resalta que durante a madrugada soprou un vento forte que dificultou as tarefas de extinción, pero resalta a "rápida intervención" dos medios despregados pola Xunta.
Na mesma parroquia de Tenorio, pero no lugar das Cachadiñas, producírase un pequeno lume forestal na madrugada do domingo ao luns.
LUMES NO SALNÿS
Fuentes da Consellerá confirmou tamén que de madrugada se produciu un incendio xa controlado na parroquia de Oubiña, no Concello de Cambados. As chamas comenzaron ás 23.07 horas e quedaron controladas ás 2.14 da madrugada tras arrasar 3,68 hectáreas de terreo.
Para a extinción deste incendio se movilizaronn tres axentes forestais, cinco brigadas e oito motobombas.
Por outra parte, durante a madrugada reaviváronse as chamas do incendio iniciado sobre as 18.30 horas do luns en Santo Tomé de Nogueira, en Meis, e que afectou a montes de Armenteira. O lume supuxo o despregamento dun axente forestal, seis brigadas, cinco motobombas, tres helicópteros e tres avións da Xunta de Galicia.
Ademais, colaboraron, membros da Protección Civil de Meis, desprazáronse efectivos da Brigada de Reforzo de Incendios Forestais (BRIF) de Villamarín de Laza, en Ourense, e este martes pola mañá tamén Emerxencias de Sanxenxo. Segundo publica este último corpo, pola mañá xa quedou controlado de novo.