Un incendio forestal decretado na zona do encoro de Castroagudín, en Vilagarcía, arrasou na tarde deste venres 1,25 hectáreas de terreo.
A zona queimada pertence á parroquia de Cea e é unha superficie arborada, segundo indicou a Consellería de Medio Rural e do Mar.
A consellería dá o lume por extinguido e sinala que para a súa extinción se desprazaron medios terrestres e aéreos, entre eles, dous axentes forestais, nove brigadas, seis motobombas, tres helicópteros e catro avións.
Ao respecto, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente indicou que trasladou a Vilagarcía un avión anfibio con capacidade para 5.500 litros de auga.