Un home de 71 anos, vítima 347 da covid na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés

Pontevedra
22 de novembro 2022

Este martes 22 de novembro permanecen 19 pacientes con covid ingresados nos centros hospitalarios da zona. 16 están ingresados en planta de hospitalización de Montecelo e dous se atopan no Hospital QuirónSalud. A eles hai que sumar outro paciente que se recupera na UCI do Complexo Hospitalario. O número de casos activos elévase a 119

Datos covid neste martes 22 de novembro de 2022 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Datos covid neste martes 22 de novembro de 2022 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés / Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia

O Sergas informa do falecemento dun home de 71 anos, que presentaba outras enfermerdades previas, con covid na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés durante as últimas horas. Con esta morte, o número de decesos por esta enfermidade nesta zona desde o inicio da pandemia elévase a 347 pacientes.

En planta de hospitalización, este martes 22 de novembro, mantéñense 18 persoas: 16 no Hospital Montecelo e dous no Hospital Quirón Saúde. A esta cifra hai que sumar outro paciente que se atopa con coronavirus na Unidade de Coidados Críticos no Hospital Montecelo.

Actualmente atópanse activos 119 casos na área sanitaria, rexistrando 11 novos casos nas últimas 24 horas a través das 75 probas PCR realizadas. 

Dentro do plan de continxencia do covid-19 curáronse 77.143 pacientes, seis máis que na xornada do luns 21, nos distritos sanitarios de Pontevedra e O Salnés.

En Galicia, o número de persoas con infección activa é de 1.598, dos que 174 atópanse ingresados en planta e 10 máis permanecen nas Unidades de Críticos.

O número de falecementos na comunidade autónoma co virus sitúase en 3.965.