Un home de 57 anos sofre feridas de gravidade nun accidente laboral en Campelo

Poio
04 de outubro 2024

O operario da construción precipitábase por unhas escaleiras interiores dun inmoble cando estaba a levar a cabo tarefas de observación do espazo no que está previsto que se realice a obra de rehabilitación.

Espazo onde se producía o accidente laboral
Espazo onde se producía o accidente laboral /

Arredor das 18.00 horas deste xoves 3 de outubro, un home de 57 anos resultaba ferido de gravidade ao sufrir un accidente laboral en Campelo.

O operario da construción precipitábase por unhas escaleiras interiores dun inmoble cando estaba a levar a cabo tarefas de observación do espazo no que está previsto que se realice a obra de rehabilitación.

Ata o lugar desprazábase a Policía Local, Protección Civil de Poio e unha dotación da Garda Civil.

O home tivo que ser trasladado por unha ambulancia do 061 ao Hospital Montecelo.

O golpe causou feridas na cabeza e no tórax de carácter grave, aínda que inicialmente non se teme pola súa vida.

Tratábase da primeira vez que o operario acudía ao inmoble co obxectivo de ver o espazo no que estaba previsto que se iniciasen as obras o vindeiro luns 7.

As dilixencias dainvestigaciónpara determinar as causas do accidente asúmeas a Policía Local de Poio.