Un hackeo paraliza a produción dunha empresa de Meis e leva ao paro a todo o persoal

O Salnés
06 de maio 2021

A fábrica da compañía de fabricación de envases metálicos Trivium Packaging Ibérica situada en Vilanoviña, no concello de Meis, sufriu un ataque informático que paralizou a súa actividade produtiva

Oficina de emprego
Oficina de emprego / Mónica Patxot

A fábrica da compañía de fabricación de envases metálicos Trivium Packaging Ibérica situada en Vilanoviña, no concello de Meis, sufriu un ataque informático que paralizou a súa actividade produtiva.

O persoal desta fábrica de latas do sector alimentario está composta por unhas 180 persoas.

Segundo informa a xornalista Alba Piñeiro en páxinas do Diario de Arousa, os problemas informáticos que afectan tanto as oficinas como ás liñas de produción da fábrica obrigaron a paralizar as máquinas, xa que os sistemas atópanse inoperativos e non permiten en encargo de pedidos, a fabricación dos envases nin emitir etiquetas.

A resolución do problema vai necesitar de tempo e a dirección propuxo un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) para a totalidade do persoal debido a que xa non teñen carga de traballo ao terminar este mércores cos pedidos que xa estaban ordenados antes de producirse este hackeo.

Está previsto que o ERTE empece este xoves.