Un festival na Alameda de Marín homenaxeará ás mulleres do mar

Marín
19 de setembro 2022

A Asociación do Museo do Mar de Marín homenaxeará o vindeiro día 25 ás mulleres do mar. Será con motivo da celebración de San Miguel, a través dun festival que se organizará na Alameda Rosalía de Castro a partir das seis da tarde

Unha mariscadora
Unha mariscadora / Xunta de Galicia

A Asociación do Museo do Mar de Marín homenaxeará o vindeiro día 25 ás mulleres do mar. Será con motivo da celebración de San Miguel, a través dun festival que se organizará na Alameda Rosalía de Castro a partir das seis da tarde.

O festival contará coas actuacións dos grupos Airiños do Mar de Teis e Cantareiras de Marín, e da solista Zeltia Irevire.

Ademais, proxectaranse imaxes que mostrarán o labor realizado polas mulleres ao longo do tempo en relación con mar, especialmente na vila de Marín.

Este luns o edil Manuel Santos presentou xunto co presidente da asociación, José Antonio Pérez Santiago, este evento, que "pretende ser unha merecida homenaxe ás mulleres do mar, que de xeito público ou anónimo contribuiron ao desenvolvemento de Marín", en palabras de Pérez Santiago.