Baixo o lema "Bailemos todos polos peques", chegaba a Pontevedra un festival benéfico a favor de UNICEF, da man de Odisea Factory Dance e a Asociación Española de Defensa Personal y Policial.
O evento solidario tivo lugar no colexio Sagrado Corazón de Jesús ás 11.30 horas da mañá deste domingo día 12 e durou máis de dúas horas. Contou con diversos colaboradores, entre eles o SUP Galicia (Sindicato Unificado de Policía) e acudiron autoridades e representantes de cargos políticos da Deputación, do Partido Popular e de Cidadáns.
Cuns 150 participantes e unha afluencia do redor de 500 persoas, os visitantes puideron gozar de varios estilos de baile, entre eles baile moderno, zumba, latinos, hip hop, break dance, teatro musical, e tamén dunha exhibición de artes marciais infantís.
Todos puxeron o seu pequeno gran de area solidario a favor da infancia e parte da recaudación conseguida no evento destinarase ao fondo de emerxencias de UNICEF.