Un ferido leve ao envorcar unha furgoneta en Dadín

Sanxenxo
12 de abril 2015

Segundo informou o servizo local de xestión de Emerxencias do Concello de Sanxenxo, o accidente, que consistiu no xiro dunha furgoneta, obrigou a intervir aos efectivos tanto para a atención do sinistro coma para as tarefas de limpeza da vía posteriores

Furgoneta envorcada en Dadín, Sanxenxo
Furgoneta envorcada en Dadín, Sanxenxo / Emerxencias de Sanxenxo

Unha persoa resultou ferida con carácter leve a primeira hora deste domingo nun accidente de tráfico rexistrado no lugar de Dadín, en Sanxenxo, por causas que aínda se descoñecen.

Segundo informou o servizo local de xestión de Emerxencias do Concello de Sanxenxo, o accidente, que consistiu no xiro dunha furgoneta, obrigou a intervir aos efectivos tanto para a atención do sinistro coma para as tarefas de limpeza da vía posteriores para retirar os restos do vehículo que quedaron tirados no medio da calzada.

O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 ten rexistrado o sinistro cinco minutos antes das nove da mañá deste domingo. Ademais de Emerxencias de Sanxenxo, tamén se desprazou ao lugar a Policía Local da localidade.