A pesar do notable descenso nas cifras de desemprego que se rexistraron en Galicia no mes de febreiro, Pontevedra parece ter quedado á marxe. Non só na provincia -94 parados menos-, senón tamén se se analizan os datos por concellos. No caso da capital, Pontevedra conta actualmente con 8.407 desempregados, nove menos que en xaneiro. ÿ dicir, apenas descendeu un 0,10%.
Con estas cifras, desveladas este martes pola Consellería de Traballo e Benestar, a cidade segue tendo menos parados que hai un ano. Entón, había 8.872 persoas demandantes de emprego, un 5,24% máis que na actualidade.
Esta lixeira redución nas listas de desemprego é a tónica xeral en todos os concellos das comarcas de Pontevedra, O Morrazo, O Salnés ou Caldas. Se ben, en municipios de marcado carácter turístico como Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa ou A Illa de Arousa aumentou o paro notablemente. Só na Illa apuntáronse ao paro 180 persoas, o que supón un aumento do 40,81%. O Grove é, pola contra, onde máis se reduciu o paro con 48 novos contratados.
Febreiro 2015 | Xaneiro 2015 | Variación mensual | |
Pontevedra | 8.407 | 8.416 | -9 (-0,10%) |
Barro | 421 | 424 | -3 (-0,70%) |
Bueu | 1.146 | 1.151 | -5 (-0,43%) |
Caldas de Reis | 1.147 | 1.157 | -10 (-0,86%) |
Cambados | 1.666 | 1.656 | 10 (0,60%) |
Campo Lameiro | 222 | 224 | -2 (-0,89%) |
Cotobade | 491 | 495 | -4 (-0.80%) |
Cuntis | 533 | 537 | -4 (-0,74%) |
O Grove | 1.283 | 1.331 | -48 (-3,60%) |
A Illa de Arousa | 621 | 441 | 180 (40,81%) |
A Lama | 267 | 269 | -2 (-0,74%) |
Marín | 2.423 | 2.438 | -15 (-0,61%) |
Meaño | 620 | 630 | -10 (-1,58%) |
Meis | 586 | 596 | -10 (-1,67%) |
Moraña | 522 | 539 | -17 (-3,15%) |
Poio | 1.698 | 1.690 | 8 (0,47%) |
Ponte Caldelas | 686 | 696 | -10 (-1,43%) |
Portas | 339 | 336 | 3 (0,89%) |
Ribadumia | 529 | 539 | -10 (-1,85%) |
Sanxenxo | 1.815 | 1.779 | 36 (2,02%) |
Vilaboa | 663 | 674 | -11 (-1,63%) |
Vilagarcía de Arousa | 4.859 | 4.797 | 62 (1.29%) |
Vilanova de Arousa | 1.246 | 1.210 | 36 (2,97%) |
DATOS PROVINCIAIS
Na provincia de Pontevedra o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) situouse ao finalizar febreiro en 103.452 persoas, tras baixar en 94 desempregados respecto ao mes anterior, segundo datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
O departamento que dirixe Fátima Báñez destacou ademais que durante os últimos doce meses, o desemprego na nosa provincia se reduciu en 8.160 persoas, co que a taxa interanual se situou no -7,31%.
Despois de cinco meses de subas, o pasado mes de febreiro en Galicia a cifra de desempregados descendeu en 1.453 persoas. En total, Galicia suma 257.549 persoas rexistradas nas oficinas do SEPE á busca dun traballo.
O dato do mes pasado supón un descenso do 0,56 por cento con respecto á taxa rexistrada en xaneiro, segundo o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.