Marín inaugurará os días 16, 17 e 18 de xuño o novo Paseo Alcalde Blanco co evento Rilla na Rúa, co que queren apostarán pola dinamización, a gastronomía e a cultura cun ambiente mozo e familiar.
Foi este venres cando tivo lugar a presentación do evento a cargo das concelleiras Marián Sanmartín e Beatriz Rodríguez, e de Jorge Rodal, da empresa Elemental Street, que explicaron que esta cita quere ser "un punto de encontro para toda a veciñanza de Marín e do arredor para desfrutar deste paseo con boa comida, mercadiño, cultura...".
O evento busca agrupar á xente en torno ao Paseo Alcalde Blanco ao longo destes días, con especial forza na hora do vermú e da cea, sen entrar nun horario nocturno. "Entendemos esta data para vivir ao longo do día, sen meternos na noite máis alá da 01:00 horas da mañá", indicou Sanmartín.
Segundo anunciaron, haberá en torno a seis ou oito foodtrucks con comidas de distintas orixes e con opcións veganas e sen glute. Ademais os hostaleiros de Marín que queiran participar, poden poñerse en contacto coa empresa a través do correo [email protected] para solicitar información de alquiler dunha foodtruck e así poder vender os seus produtos.
Outro dos obxectivos que ten Rilla na Rúa é mostrar o tecido cultural e asociativo da vila, polo que o Concello abre a opción de propoñer actuacións que poidan encaixar dentro do programa de actividades que se desenvolverán durante eses días. Para iso, deberán poñerse en contacto con Elemental Street a través do correo indicado anteriormente e añadir que entidade son, a súa proposta e un teléfonno de contacto.
Sanmartín sinalou que "será o evento que dea inicio a toda a programación deste verán, que nos fará recuperar a normalidade na vila, que despois destes anos é necesario e xa nos apetece a todos".
Pola súa banda, Rodríguez tamén engadiu a necesidade de que "as nosas agrupacións culturais volvan ter espazos nos que mostrar as súas capacidades e proxectos, reactivando a súa actividade e volvendo á normalidade tras a pandemia".
Finalmente, explicaron que ao longo deste mes de maio, irá configurándose a programación do evento de cara á súa celebración en xuño, nunha data na que a mocidade xa está case liberada das obrigas académicas e na que a cercanía de San Xoán convida a descorchar a época estival.