Un Entroido feminista: Daenerys Targaryen e Defred son dúas das peticións de disfraces máis recurrentes

Pontevedra
27 de febreiro 2019

A celebración do Entroido con case un mes de retraso aumenta as expectativas de gasto para este ano, ao non coincidir coa costa de xaneiro nin San Valentín. Esta fin de semana producirase a celebración, con personaxes como Daenerys de Juego de Tronos ou Defred de El Cuento de la Criada como protagonistas das rúas.

Todo preparado de cara ao Entroido 2019
Todo preparado de cara ao Entroido 2019 / Victoria Regueira

O  Entroido chega forte este ano e todo o mundo está a prepararse. As recentes enquisas da Federación de Comercio anticipan un aumento do 8% no gasto previsto neste Entroido, con respecto aos 26 millóns de movemento económico do ano anterior. As datas están a colaborar neste proceso, cunha predición meteorolóxica moito máis favorable este ano que noutros onde se celebrou a principios de febreiro. Ademais, os reponsables das tendas especializadas en produtos característico do Entroido, aseguran que a celebración a principios de marzo permite unha economía moito máis folgada, ao non coincidir coa costa de xaneiro nin con San Valentín.

O gasto medio por disfrace segue, con todo, roldando as mesmas cifras. Os comercios aseguran que oscila entre os 20 e os 30 euros, aínda que tamén existe unha clara predilección polas ofertas, como é o caso de Caramelos Novás, onde os clientes se lanzan a polos disfraces de 10 euros. Entre o público, atópanse tamén os amantes aférrimos desta época do ano, que fan do disfrace a súa paixón, podendo chegar a gastar ata 50 euros só en maquillaxes especializadas e complementos. 

As series e películas dominan as tendencias: personaxes como Jon  Snow e Daenerys de Xogo de Tronos ou  Defred do Conto da Criada son algunhas das peticións máis recorrentes entre os clientes de Party Fiesta. Aseguran que este ano tamén está moi de moda todo o relacionado co mundo do terror. Os integrantes dos  Vengadores ( Thor, Capitán América, Iron Man e a Viúva Negra entre outros) gañáronse un posto entre os disfraces máis buscados, a causa da estrea da súa cuarta entrega en abril deste mesmo ano. Engádense como novidade as peticións relacionadas co famoso videoxogo FortNite.

Os clásicos continúan vixentes, entre eles o universo Marvel ou Mario Bros, que se manteñen no seu lugar de referencia, e todo o relacionado cos superheroes en xeral, que agora alcanzan tamén ao público femenino. Os indios, piratas, animais e ninjas seguen a ser moi buscados, así como as princesas. Divísase, con todo, un cambio en canto á disposición por xéneros, reducíndose cada vez máis, aínda que moi paulatinamente, os roles de xénero en cuestión de disfraces e sendo cada vez máis frecuentes as apostas por personaxes femininos empoderados. Segundo as traballadoras de Din e Don, cada vez máis nenas solicitan disfraces de Cat Woman, Wonder Woman ou Batgirl. Outro exemplo que non atende a distincións é o caso de Ladybug, unha superheroína da que tanto nenas como nenos se disfrazan. 

Este  Entroido prevé un índice de participación do 60% da poboación pontevedresa, pero esta porcentaxe non inclúe aos cans. En  Party Festa, contan cunha sección de disfraces para eles e cada vez son máis os que deciden disfrazalos. As temáticas son variadas e fan xogo coas personaxes dos seus donos, así que é de esperar ver numerosos cans pirata merodeando polas rúas a partir do xoves e durante toda a fin de semana.

Para aqueles que queiran gozar do  Entroido antes, este mércores ás 00:30 celebrarase o Queernaval na Pomada, organizada polo  ComitéxFiestas, que conterá moita purpurina e fantasía, en palabras dos seus organizadores. No evento haberá DJ, photocall e un taller de creación de máscaras personalizadas. Co mundo drag e a diversidade como emblema, celebrarase un concurso de disfraces onde se valorará non só o esforzo, senón tamén o papel e a posta en escea de todos os participantes, co galardón de Miss Carnavaleira como colofón da xornada.

Arquivado en