Un desfile no Náutico recadará fondos para a Asociación contra o Cancro de Sanxenxo

Sanxenxo
16 de xuño 2023

O segundo andar do Real Club Náutico de Sanxenxo vai converterse este sábado 17, a partir das 20.00 horas, nunha pasarela de moda na que se recollerán donativos destinados á investigación do cancro

Actividade da AECC de Sanxenxo
Actividade da AECC de Sanxenxo / AECC de Sanxenxo - Arquivo

A Asociación Española contra o Cancro de Sanxenxo organiza unha pasarela de moda con fins solidarios este sábado 18 no Real Club Náutico, a partir das 20.00 horas.

Nesta cita, as persoas que acudan poderán observar as últimas tendencias en roupa e calzado de tendas con selo da vila turística.

Doce establecementos de distintos sectores ofrecerán nove pases diferentes durante este desfile no que os fondos que se recaden irán destinados á investigación do cancro.

Merchy Treviño será a encargada de presentar o evento e ofrecerá tamén unha actuación musical durante a velada.

A entrada é libre coa opción de realizar un donativo. As persoas que participan como modelos son residentes en Sanxenxo que queren colaborar coa asociación.