Cambados converteuse nunha das localidades galegas con maior fortuna neste sorteo extraordinario de Nadal da Lotería Nacional. Alí repartíronse 2,4 millóns de euros grazas a un cuarto premio, o número 75981.
Nesta localidade do Salnés vendeuse gran parte deste cuarto premio. Foi concretamente na praza de abastos, onde se repartiron 120 décimos do 75981.
Cada un destes 120 décimos está agraciado con 20.000 euros.
A pesar de que esta administración tiña consignados 600 décimos, finalmente, tras restar as devolucións, comprobouse que repartiron 120.
Este cuarto premio tamén se despachou no Porriño, onde caeron varios premios deste sorteo, segundo informa Loterías e Apostas do Estado.