Un condutor que cuadruplicaba a taxa máxima de alcohol estrela o seu coche en Poio

Poio
23 de abril 2023

Con catro veces máis de alcol en sangue da taxa máxima permitida. Así circulaba onte á noite o condutor que estrelou o seu coche en Poio. O único ferido, de carácter leve, foi el. O accidente, segundo informou a Policía Local de Poio, rexistrouse sobre as 21:50 horas na rúa Domingo Fontán

Accidente de tráfico na rúa Domingo Fontán, en Poio
Accidente de tráfico na rúa Domingo Fontán, en Poio / Policía Local de Poio

Con catro veces máis de alcol en sangue da taxa máxima permitida. Así circulaba onte á noite o condutor que estrelou o seu coche en Poio. O único ferido, de carácter leve, foi el.

O accidente, segundo informou a Policía Local de Poio, rexistrouse sobre as 21:50 horas na rúa Domingo Fontán, nas inmediacións do centro comercial da Barca.

O vehículo que conducía esta persoa saíu da vía.

Os axentes comprobaron, tras acudir ao lugar do sinistro, que o condutor circulaba baixo os efectos do alcol. Deu senllos positivos de 0,98 e 0,95 miligramos de alcol por litro de aire expirado, é dicir, multiplicaba por catro o límite que marca a lei, 0,25.

O condutor deberá responder agora ante a xustiza por un delito contra a seguridade viaria. 

A Policía Local enviou as dilixencias ao xulgado de garda de Pontevedra para a celebración dun xuízo rápido.

Ademais, reclamaránselle os danos que o accidente causou nun farol.

As autoridades investigan tamén se antes de estrelar o seu coche en Poio levou por diante un sinal de tráfico en Pontevedra.