Un colapso nas tubaxes obriga a actuar de urxencia na rúa cuntiense da Igrexa

Umia
13 de outubro 2021

Nas últimas horas, o Concello de Cuntis procedía á realización dunha obra para reparar, de modo urxente, un tramo da rúa da Igrexa por un colapso no sistema de saneamento das tubaxes desta zona. As obras teñen unha complexidade engadida, ao pasar polo mesmo punto as canalizacións de auga, gas e fibra óptica

Obras na rúa da Igrexa de Cuntis
Obras na rúa da Igrexa de Cuntis / Concello de Cuntis

Nas últimas horas, o Concello de Cuntis procedía á realización dunha obra para reparar, de modo urxente, un tramo da rúa da Igrexa por un colapso no sistema de saneamento das tubaxes desta zona.

O alcalde de Cuntis Manuel Campos visitaba este mércores 13 o lugar xunto coa concelleira Conchy Campos para coñecer o estado da actuación.

As obras teñen unha complexidade engadida, ao pasar polo mesmo punto as canalizacións de auga, gas e fibra óptica.

Os traballos prolongaranse como mínimo esta semana e a próxima, dado que se ten que proceder a levantar todo o pavimento de pedra e a posterior colocación. A obra está a ser realizada pola brigada de obras municipal.

Ao mesmo tempo, o Concello tomará medidas con aqueles vehículos que acceden á zona do casco antigo e exceden de 5.5 toneladas, que son os que principalmente causan danos no pavimento. Dende o Concello de Cuntis amosan a súa preocupación polo deterioro dunha contorna con especial sensibilidade patrimonial por causa do tráfico rodado, de aí estas medidas.