A concellería de Promoción Económica e Turismo, a través da plataforma #PonteLovers, e Hoempo (a asociación de Empresarios da Hostalería de Pontevedra) porán en marcha esta semana unha nova iniciativa Programa Hostalería Responsable para os locais do municipio.
Trátase de actuacións destinadas a axudar ao sector para adaptarse ás normativas das distintas administracións con motivo da pandemia da Covid-19. A primeira destas medidas será a posta en marcha dunha ferramenta dixital que pretende mellora a protección dos establecementos e dos usuarios.
Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica, explica que se trata dun código QR que se atopará na entrada dos locais. Esta ferramenta leva incorporada un formulario para que o usuario deixe o seu contacto e rexistre de forma automático a data e a hora de acceso coa idea de facilitar o control de ocupación nos locais e a localización no caso de que se rexistre algún positivo.
A información irá a unha base de datos que se trasladará ás autoridades sanitarias no caso de que se produza algún brote do virus no local. A ferramenta será gratuíta para os asociados do colectivo Hoempo e para o resto de establecementos terá un custo de 50 euros.
Yoya Blanco afirma que esta iniciativa é unha iniciativa absolutamente pioneira en Galicia e que se pon en marcha coa intención de colaborar co sector hostaleiro, un dos máis afectados pola pandemia.