Un ciclista accidentado en Troáns é socorrido polo alcalde

Umia
23 de maio 2016

Segundo informaron dende Protección Civil, o ciclista sufriu un fallo mecánico na súa bicicleta que lle ocasionou unha caída, cun forte impacto na cara e unha fractura na man esquerda. Nun primeiro momento foi socorrido polo seu compañeiro, e por un operario do Concello de Cuntis e o propio alcalde, Manuel Campos

A ambulancia do 061 trasladou ó ciclista ferido
A ambulancia do 061 trasladou ó ciclista ferido / Concello de Cuntis

A Agrupación de Protección Civil de Cuntis participou na evacuación dun ciclista accidentado na estrada nacional N-640.

O suceso tivo lugar ás 14.20 horas deste luns no lugar de A Coba, na parroquia de Troáns. O ferido, coas iniciais R.L, é veciño de Vilagarcía.

Segundo informaron dende Protección Civil, o ciclista sufriu un fallo mecánico na súa bicicleta que lle ocasionou unha caída, cun forte impacto na cara e unha fractura na man esquerda.

Nun primeiro momento foi socorrido polo seu compañeiro e por un operario do Concello de Cuntis e o propio alcalde, Manuel Campos.

Os servizos de emerxencia trasladaron o ferido en ambulancia ao hospital Miguel Domínguez de Pontevedra.