Xornada de incremento de casos covid, hospitalizacións e vítimas mortais na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés. A Consellería de Sanidade informa de 1.532 casos activos este xoves, cun total de 100 casos máis que na xornada do mércores.
Desta cifra, un total de 83 persoas atópanse hospitalizadas, dúas máis que os notificados onte. Dous pacientes atópanse na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, mentres que en planta de hospitalización 69 permanecen no Hospital Montecelo, 10 no Hospital do Salnés e dous no Hospital QuirónSalud de Pontevedra.
Notificouse unha morte máis con covid-19. Trátase dunha muller de 94 anos, que presentaba outras enfermidades previas. Con ela, o número de falecementos ascende a 276 na área sanitaria desde o principio da pandemia. Curouse 63.837 pacientes, 94 máis que onte, desde o inicio do plan de control da enfermidade.
Durante as últimas horas realizáronse 211 probas PCR co resultado de 196 novos positivos.
DATOS EN GALICIA
Saúde Pública informa de dez falecementos de pacientes con covid-19 na comunidade autónoma nas últimas xornadas, entre as que se atopa a vítima da área de Pontevedra-O Salnés. Con estes novos datos, a cifra total de mortes con coronavirus ascende en Galicia a 3.314 persoas.
O número de casos activos tamén se incrementa alcanzando os 13.779, que son 946 máis que os rexistrados onte. Desta cifra, 636 pacientes están ingresados, dous menos; mentres que nas UCI dos hospitais galegos hai dúas persoas con coronavirus máis, situándose en 15.
Por áreas sanitarias, os casos activos repártense así, con subida en todas elas: A Coruña-Cee: 2.709 (+192); Vigo: 2.391 (+221); Santiago-O Barbanza: 2.195 (+72); Lugo: 2.051 (+137); Ourense: 1.770 (+140); Pontevedra-O Salnés: 1.532 (+100); Ferrol: 1.117 (+79) e sen área sanitaria asignada: 14 (+5).
Nas últimas 24 horas detectáronse 1.781 novos positivos en Galicia. Son 167 contaxios diarios máis en relación aos do mércores 20 e 309 máis que hai unha semana.