Un centenar de profesionais especializados asistirán no Liceo Casino ás V Xornadas sobre infeccións perinatais

Pontevedra
17 de maio 2022

A directora de Atención hospitalaria da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, Yolanda Sanduende, inaugurará este evento sanitario o vindeiro xoves 19 de maio ás 16.00 horas no Liceo Casino pontevedrés, sede das Xornadas

Cuntis presenta un programa de axudas á natalidade
Cuntis presenta un programa de axudas á natalidade / Xunta de Galicia

Profesionais do servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra son os encargados de organizar este xoves 19 e o venres 20 no Liceo Casino de Pontevedra as V Xornadas sobre infeccións perinatais

Este evento que promove a divulgación de coñecementos e experiencias contará coa participación de cen profesionais sanitarios da medicina e da enfermería especializada coa intervención de 12 relatores de ámbito estatal. A directora de Atención hospitalaria da área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, Yolanda Sanduende, inaugurará o acto ás 16.00horas do xoves

Participarán especialistas en pediatría, neonatoloxía, infectoloxía pediátrica, xinecoloxía e obstetricia, microbioloxía e medicina preventiva con conferencias e mesas tanto multitemáticas como monotemáticas. Durante os dous días estudaranse aspectos epidemiolóxicos, de prevención e detección, tratamento e seguimento das distintas especialidades.

O doutor José Antonio Couceiro Gianzo, xefe de servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e presidente do comité organizador, afirma que estas infeccións son as que se transmiten ao recentemente nacido desde o período embrionario ata o período neonatal. Segundo explica, a transmisión pode producirse verticalmente durante a xestación, parto ou período de lactación ou tamén horizontalmente, durante o primeiro mes de vida do bebé.

Estas infeccións son responsables de prematuridade, baixo peso e graves secuelas neurosensoriais a curto, medio e longo prazo, representando tamén ata á metade dos mortinatos, bebes que nacen mortos, en países con ingresos baixos e medianos. Esta porcentaxe redúcese a unhas cifras entre o 10 e o 25% nos países con ingresos altos.