Un campamento con actividades en galego e inglés para pasar un verán diferente na Lama

A Lama
12 de xuño 2024

Neste campamento, os participantes poderán divertirse, aprender inglés e pasar un verán diferente baixo a supervisión e a animación de monitores titulados

Presentación do Campalama 2024
Presentación do Campalama 2024 / Concello de A Lama

Nenos e nenas entre os 5 e os 14 anos poderán participan no Campalama 2024, unha alternativa de lecer e de conciliación familiar para este verán que organiza A Lama SD, en colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do municipio.

Neste campamento, os participantes poderán divertirse, aprender inglés e pasar un verán diferente baixo a supervisión e a animación de monitores titulados.

Haberá catro quendas (dúas en xullo e dúas en agosto) para atender a demanda que durante o verán poida existir.

Entre outras actividades, o Campalama 2024 ofrecerá actividades deportivas, de entretemento colectivo, andainas, excursións, baños no río Verdugo ou xogos.

Todas estas actividades serán bilingües, en galego e en inglés, coordinadas por unha monitora con titulación expedida pola Xunta de Galicia tanto en actividades de lecer como Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional.

Ademais haberá monitores con titulación oficial en actividades sociodeportivas ou adestradores de fútbol.

As inscricións, que se poden facer ata o 25 de xuño, deben formalizarse na biblioteca municipal.