Un ano de record no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

Umia
07 de xullo 2017

Durante os seis primeiros meses de 2017, foron máis de 8.000 as visitas rexistradas no centro. O obxectivo é pechar o ano en aproximadamente 15.000 visitantes

Visitantes no Parque Arqueolóxico da arte Rupestre de Campo Lameiro
Visitantes no Parque Arqueolóxico da arte Rupestre de Campo Lameiro / Parque Arqueolóxico da arte Rupestre de Campo Lameiro

A visitas ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro non paran de crecer e van camiño en 2017 de bater o seu mellor rexistro.

Durante os seis primeiros meses de ano foron máis de 8.000 as persoas que visitaron as súas instalacións, xa sexa en pequenos grupos e familias, escolares, grupos organizados ou público en xeral.

Esta cifra supón un importante incremento con respecto ao pasado ano, especialmente no referente a grupos de operadores de turismo, axencias de viaxes e empresas turísticas cun incremento de máis do 17%.

En canto ao público escolar, máis de 4.500 nenas e nenos gozaron das actividades didácticas do Parque, o que supón un incremento do 7% con respecto a 2016.

Pola súa banda no público xeral o incremento sitúase polo momento no 10%, con record de visitas durante a Semana Santa con máis de 1.000 usuarios, tendo as dúas actividades de divulgación científica 'Narrativas de Arte Rupestre' e o 'Curso de restauración e conservación de sitios arqueolóxicos' máis de 100 asistentes.

O obxectivo do parque pasa agora por pechar o ano nunha cifra que se aproxime aos 15.000 visitantes.

Arquivado en