Un amplo dispositivo de limpeza despregarase en Pontevedra desde o sábado pola Feira Franca

Pontevedra
04 de setembro 2014

Ademais, para manter o recinto da Feira Franca en perfecto estado de limpeza, a empresa concesionaria Cespa tamén realizará o baldeirado de papeleiras e recollida de lixo en distintos puntos do centro histórico durante toda a xornada do sábado

Ensaios do espectáculo inaugural da Feira Franca
Ensaios do espectáculo inaugural da Feira Franca

59 persoas participarán este domingo no operativo de limpeza específico para a Feira Franca. Deseñado polas concellerías de Servizos e Festas, comezará o domingo 7 de setembro ás 06.00 horas e nel utilizaranse múltiples medios técnicos

Ademais, para manter o recinto da Feira Franca en perfecto estado de limpeza, a empresa concesionaria Cespa tamén realizará o baldeirado de papeleiras e recollida de lixo en distintos puntos do centro histórico durante toda a xornada do sábado.

Neste servizo participarán 14 persoas, que se distribuirán en catro zonas: Campiño, praza do Teucro, Ferraría e Alameda.

Ao respecto do servizo especial de limpeza da madrugada do domingo, tamén se dividirá todo o recinto da festa nos mesmos catro espazos de actuación.

En todos estes ámbitos haberá catro furgóns sopradoras, catro varredoiras de beirarrúas, unha varredoira de calzadas, tres lava beirarrúas, dúas cisternas con auga para baldeo, dúas máquinas de baldeo manual, catro camións de recollida de lixo e 31 operarios que realizarán traballos a pé.

Arquivado en