Un accidente de tráfico, ocorrido esta fin de semana na N-541 do concello de Cerdedo-Cotobade agrava as críticas dos veciños de Calvelo sobre o perigo que presenta dita estrada.
Este sábado, segundo fontes veciñais, un turismo arroiou unha marquesiña de autobús "utilizada para o transporte escolar e demais servizos". A pesar de que os danos non foron máis aló dos materiais, os residentes da zona aseguran que "o accidente podería ser moito máis grave".
Os veciños da parroquia pontevedresa aseguran que levan xa moito tempo deixando constancia do seu malestar pola falta de seguridade na calzada, porque xa non é o primeiro incidente que ten lugar en alí. Por iso, deron conta ao Concello de Cerdedo-Cotobade, que no último pleno aceptou as reformas oportunas na estrada nacional.
Entre as súas peticións atópanse a modificación dos accesos, facéndoos máis seguros para os viandantes e condutores, ademais dun carreiro de comunicación con Tenorio, facilitando a mobilidade a centros educativos, entre outros.