Últimos días para solicitar fogueiras para San Xoán en Marín, que xa leva 40 máis que o ano pasado

Marín
20 de xuño 2022

Ata o momento, o Concello xa recibiu 156 solicitudes de particulares, que hai que sumar ás dúas fogueiras públicas organizadas en Cantodarea e Mogor. A tradicional fogueira pública de Cantodarea, organizada pola Asociación de Amijos e Vesiños do barrio na Praza do Regueiro, está previsto que queime dúas estruturas de madeira

Fogueira de San Xoán en Cantodarea 2020, en Marín
Fogueira de San Xoán en Cantodarea 2020, en Marín / Mónica Patxot

O Concello de Marín mantén aberto o prazo para solicitar acender fogueiras na noite de San Xoán. As persoas interesadas poderán presentar as súas demandas ata o mércores 22 de xullo a través dun formulario quie pode descargarse na páxina web municipal, a través desta ligazón.

Ata o momento, o Concello xa recibiu 156 solicitudes de particulares, 40 máis que o ano pasado, que hai que sumar ás dúas fogueiras públicas organizadas en Cantodarea e Mogor.

A tradicional fogueira pública de Cantodarea, organizada pola Asociación de Amijos e Vesiños do barrio na Praza do Regueiro, está previsto que queime dúas estruturas de madeira. E Asociación de Veciños de Mogor acenderá unha cacharela na barriada.

A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, lembra que está prohibido levar a cabo cacharelas sobre as vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes, baixo tendidos eléctricos e telefónicos, así como na praia.

As cacharelas terán que gardar unha separación mínima de 12 metros lineais coa vexetación, casas e edificios máis próximos. A súa altura máxima será de 14 metros e o diámetro da zona de combustión de 6 metros de ancho e as persoas que asistan á festa, non se poderán situar nunha área de diámetro similar á altura do pau central da cacharela. 

Para a combustión só poderán empregarse leña, ramas, troncos de árbores ou calquera material de madeira, quedando prohibidos materiais inflamables como pneumáticos, plásticos, latas, botellas de vidro ou materiais de PVC.

Tamén se prohibe botar ás cacharelas aerosoles (aínda se estean baleiros), aceites, líquidos combustibles e calquera substancia explosiva.

As persoas organizadoras das fogueiras, deberán ter coñecemento dos teléfonos de contacto necesarios no caso de que xurda algún accidente. Cabe lembrar que o teléfono de emerxencias é o 112.