Últimos días para asistir en Poio ao grande espectáculo 'Oceanika, El tesoro de Poseidón'

Poio
03 de outubro 2024
Actualizado: 10 de outubro

A compañía Evolution Circus escolleu a localidade de Poio para mostrar a súa nova produción circense para toda a familia: 'Oceanika, El tesoro de Poseidón', que ofrecerá as súas funcións ata o domingo na explanada do Parque de Ánkar

Espectáculo 'Oceanika, El tesoro de Poseidón', da compañía Evolution Circus
Espectáculo 'Oceanika, El tesoro de Poseidón', da compañía Evolution Circus /

A compañía Evolution Circus escolleu a localidade de Poio para mostrar a súa nova produción circense para toda a familia: 'Oceanika, El tesoro de Poseidón'.

Trátase dun espectáculo educativo que busca concienciar a nenos e adultos sobre a importancia dos mares e todos os perigos da contaminación dunha maneira divertida e artística.

Evolution Circus está instalado na explanada do Parque de Ánkar desde a pasada fin de semana e ofrecerá as súas funcións ata o domingo 6 de outubro. As entradas pódense adquirir a través de internet a partir de 12 euros (os menores de 2 anos non pagan, ata 24 meses non necesitarían entrada).

O espectáculo ten os seguintes horarios: xoves 3 e venres 4 de setembro ás 19:00; sábado 5 ás 17:00 e ás 19:30; e o domingo 6 ás 18:00 horas.

As entradas, con prezos económicos dende os 12€, xa están á venda no portal de venda de entradas de ticketrona.com, ademais se se compran de forma online poderanse beneficiar dun 20% de desconto en determinadas funcións.

Tamén se poderán conseguir no despacho de billetes físico unha hora antes do evento, sempre que non se complete o aforo de forma online.

ESPECTÁCULO EDUCATIVO E DIVERTIDO

Unha historia chea de maxia que está interpretada por artistas nacionais e internacionais, en xira pola Península, incluíndo Portugal.

A trama conta como o pirata Tragaldabas, acompañado do seu fiel grumete Pedrito, chega ata o incrible submundo do fondo mariño en busca do tesouro de Poseidón, deus dos mares. Coa axuda do trasgo mariño Pick percorrerán as súas incribles paisaxes e coñecerán aos seus asombrosos habitantes. Pero tamén descubrirán a un perigoso inimigo que pode acabar con todo, a contaminación.

Un total de 20 artistas protagonizan este grande espectáculo, no que realizan números tan sorprendentes como aro aéreo, antipodismo, maxia, contorsionismo, rede aérea, malabares e, por suposto, comicidade da man do pallaso Pedrito.

Piratas, peces, sereas, quenllas, e todo un mundo de ilusión e fantasía daranse cita nesta produción, que toma o fondo do océano e a auga como un dos elementos esenciais de vida que debemos coidar e protexer.

Mergúllate en Oceanika, unha historia chea de maxia e circo cos mellores artistas internacionais, que ademais busca concienciar a nenos e maiores da importancia de conservar as nosas augas.