Os responsables da fábrica de Ence informaron nun comunicado do remate da parada técnica que, segundo indicaron, "cumpliu todos os obxectivos previstos".
Entre estes, a compañía pasteira destaca "a importante mellora da eficiencia enerxética e o reforzo no comportamento ambiental das instalacións". Ademais, aseguran que "seguiuse avanzando no programa de Cero Olores para conseguir a total erradicación do impacto oloroso", mediante diversas melloras nos dixestores e caldeiras da pranta, que "permitirán elevar a calidade da condensación e control de gases".
Durante a parada tamén se realizaron traballos preparatorios para o aumento de capacidade en 30.000 toneladas que se acometerán na parada técnica de 2018, primeira fase do aumento total de 70.000 toneladas que Ence prevé para a súa fábrica pontevedresa.
A duración da parada foi de 9 días, un día menos do previsto inicialmente, "grazas ao esforzo e coordinación realizados por parte de todos os traballadores que participaron nas operacións".
Durante a parada, que contou con 130 empresas, alcanzouse unha punta de 1.400 traballadores.
Ademáis, un equipo de 15 profesionales con amplia experiencia de traballo no sector da prevención, dedicouse en exclusiva a velar pola seguridade da parada, "o que contribuiu a lograr uns excelentes índices de seguridade".