Turismo de Pontevedra retoma as súas visitas teatralizadas

Pontevedra
28 de xuño 2022

Todas aquelas persoas interesadas en asistir a esta actividade durante o mes de xullo pódense reservar a súa praza a través da páxina web de Visit Pontevedra

Visitas teatralizadas polo centro histórico
Visitas teatralizadas polo centro histórico / Diego Torrado

Coñecer os segredos da Boa Vila desde un punto diferente. É o que ofrecen as visitas teatralizadas que organiza Turismo de Pontevedra.

Esta actividade retomarase a mediados do mes de xullo, segundo avanzou a Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco.

"Os participantes terán ocasión de embarcarse nunha divertida viaxe por unha banda da historia real e imaxinaria da Pontevedra medieval e renacentista, en compañía de personaxes doutras épocas e doutros mundos", explicou a edil.

Ao longo do percorrido, teatralizado pola compañía Migallas Teatro, os participantes serán conducidos por varios personaxes a maneira de guías polas rúas e prazas do contorno da Praza de España e a Basílica de Santa María, evocándose feitos e personaxes históricos coñecidos, como o 'Fiel Contraste', Alonso de Fonseca, Tristán de Montenegro, Pedro Madruga, Paio Gómez Charino, Xoán Nobre ou Cornelis de Holanda.

As visitas, que terán unha duración dunha hora e 30 minutos partindo ás 22.00 horas desde a Casa do Concello, levarán a cabo os días 15, 16, 17, 22, 23, 24, 25, 28, 29 e 31 de xullo, cun prezo de 8 euros por persoa, con tarifa reducida (5 euros) para parados, estudantes, xubilados, pontevedreses e familias numerosas e sendo gratis para os menores de 12 anos.

Poden reservarse a través da páxina web de Visit Pontevedra.