O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou unha sentenza previa da Audiencia Provincial de Pontevedra que condena un home por abusar sexualmente da súa sobriña política, de once anos.
A Sala do Civil e Penal do TSXG revisou a sentenza previa da sección cuarta da Audiencia Provincial e confirmouna, coa conseguinte condena a catro anos de prisión.
Agora, o fallo aínda non é firme, é recorrible ante o Tribunal Supremo.
As dúas sentenzas consideran probado que os feitos ocorreron no verán de 2017 e 2018, cando a nena, que tiña entre 11 e 12 anos, acudía á casa dos seus tíos acompañado pola súa irmá pequena, de entre 7 e 8.
As nenas acudían ao domicilio do acusado como o seu tío politico e, aproveitando os momentos en que se atopaba soa tombada no sofá xogando coa Nintendo, abusaba dela.
Fíxoo, segundo as dúas sentncias, "en repetidas ocasións e sempre de maneira similar". Sentaba ao seu lado e comezaba a realizarlle tocamentos e a abusar dela.
Segundo ambos os dous tribunais, a menor "bloqueábase ante eses actos do acusado" e "limitábase a encoller as súas pernas ata que él paraba e marchaba".
Os maxistrados conclúen que o relato da vítima é "verosímil" e contén "detalles e circunstancias precisas sobre os feitos" e exponos de maneira "moi convincente".
O tribunal tamén fai referencia aos elementos que corroboran a súa declaración: o informe pericial e os testemuños da amiga e do pai da menor, aos que lles contou o que sucedera.