Trinta persoas continúan coa infección activa na área sanitaria de Pontevedra

Pontevedra
11 de outubro 2021

Os casos activos por covid-19 seguen reducíndose e sitúanse en índices extremadamente baixos. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta con 30 persoas coa infección activa. Son oito menos que onte. De novo, tan só se rexistrou un contaxio novo

Unha persona manexando un test de antíxenos
Unha persona manexando un test de antíxenos / Mónica Patxot

Os casos activos por covid-19 seguen reducíndose e sitúanse en índices extremadamente baixos. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta con 30 persoas coa infección activa. Son oito menos que onte. De novo, tan só se rexistrou un contaxio novo.

Un día máis, a situación nos tres hospitais da área sanitaria tampouco cambiou. Seguen sendo dous as persoas que permanecen ingresadas con coronavirus, ambas as en Montecelo, 

Un dos pacientes está en planta e o outro, en estado máis grave, na unidade de coidados críticos (UCI). Non hai ningún nin no Hospital do Salnés nin no QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.

Desde o inicio da pandemia 21.200 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, nove nas últimas 24 horas, e rexistráronse 205 falecementos asociados ao virus. 

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 304.748, 73 nas últimas horas. A estas probas súmanse as 143.559 probas de antíxenos e outras 109.112 probas de detección realizadas ata a data. 

INCIDENCIA EN GALICIA

A nivel autonómico, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 502, 32 menos que o día anterior. Deles, 157 son da área da Coruña, 73 da de Lugo, 77 da de Ourense, 30 da de Pontevedra, 98 da de Vigo, 61 da de Santiago e 6 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 37 en unidades de hospitalización e 455 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 179.459 persoas curadas, rexistrándose 2.641 falecementos.

Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 2.858.979 probas PCR, 1.193 nas últimas 24 horas, que xunto co resto de probas diagnósticas permitiron detectar 14 novos infectados.